Cocina2 álzase co XXI Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
Reunión do xurado

Reunión do xurado

O programa emitido por TVE “Cocina2” da produtora Shine Iberia y Fox e protagonizado polos irmáns Torres foi elixido gañador polo xurado profesional do XXI Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, promovido polo Concello de Lalín, en colaboración coas Facultades de Comunicación das universidades galegas e coas asociacións gastronómicas galegas, e en colaboración coa Xunta de Galicia (Axencia de Turismo de Galicia) e coa Deputación de Pontevedra.

Este galardón, dotado con 3.000 euros, concedeuse en base á “súa capacidade de difusión da cociña e dos produtos galegos no ámbito estatal” de entre os máis dunha vintena de traballos que concorreron ao recoñecido galardón de xornalismo gastronómico no panorama español.

Así o acordaron os integrantes do xurado na súa deliberación que tivo lugar a partir das 13.30 horas na Casa do Concello de Lalín. Un xurado, presidido polo edil de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández; o director xerente de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela; e que estivo integrado ademais por destacados xornalistas como Francisco López Rodríguez (Francisco López “Barxas”), asesor da Consellería de Cultura; Arturo Maneiro Vila, presidente da APG (Asociación de Periodistas de Galicia) e membro do Consello de Administración da CRTVG; e Martín Fernández Vizoso, xefe do Gabinete de Comunicación da Deputación de Pontevedra.

Así mesmo, o xurado estivo presidido polo decano das Facultades de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Ramón Pousa Estévez; pola decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra), Emma Torres Romay, e polo decano da Facultade de Comunicación da Coruña, José Videla Rodríguez, que se encargaron de avaliar e valorar os traballos académicos dos alumnos de Periodismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual dentro da categoría de traballos académicos.

SEGUNDO PREMIO E MELLOR PREMIO ACADÉMICO

O segundo Premio, accésit, dotado con 1.000 euros, recaeu en Onda Cero Galicia Sur polos diversos programas e iniciativas gastronómicas difundidas nas súas emisións habituais.

O proxecto académico “Gastrolicia”, elaborado por Natalia Saavedra Nieto, Sara Pérez Seijo, Laura Seijo Vigo, Laura Rapa Casariego, Pablo Portela Rodríguez, Ana Rial Maneiro e Irene Picallo Doce alzouse co premio ao mellor traballo académico dotado con 1.000 euros, e presentado entre todas as categorías por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional. Fóronlle recoñecidos méritos pola “calidade narrativa e diversidade de ferramentas informáticas e o seu bo uso para crear narrativas multimedia adaptadas ao contexto de consumo de contidos de diferentes formatos e desde diferentes dispositivos por parte do usuario, contidos ben estruturados e imaxe moi coidada”.

O xurado tamén decidiu recoller nas bases da vindeira edición do Premio traballos propostos pola Asociación de xornalistas gastronómicos e de asociacións gastronómicas. Tamén fixo o xurado unha mención especial polo incremento dos traballos presentados no eido académico á a súa calidade.

20 de xaneiro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.