publicidade hoxe

Clases gratuítas de “teatro para peques” na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O Concello da Cañiza empeza o ano cultural ofertando clases gratuítas de teatro para os máis pequenos da casa. Nenos de infantil, de idades comprendidas entre os 3 e 5 anos e pequenos dos ciclos de 1º e 2º de primaria, de 6 a 9 anos. Estas clases impartiranse na aula de psicomotricidade do Centro Público Integrado da Cañiza os xoves e venres despois de finalizar as clases.

As persoas que estean interesadas en que os seus fillos participen neste proxecto poden inscribilos durante todo este mes de xaneiro xa que as clases comezarán o primeiro xoves de febreiro. Para inscribirse e obter máis detalles sobre os horarios e días de impartición das clases, poden chamar ao número 986 652 132 ou acudir ao Punto de Información Xuvenil da Casa de Cultura.

O obxectivo da posta en marcha destes talleres é o de complementar a formación integral dos máis pequenos xa que o teatro na etapa de infantil e primaria axuda a mellorar a concentración, atención e axilidade mental; a desenvolver a linguaxe corporal, verbal, plástica e musical ademais de axudar a coñecer mellor e controlar as propias emocións polo que aumenta a autoestima. Por outro lado estimula tamén a imaxinación e a creatividade e potencia a capacidade de resolución de conflitos e traballo en equipo.

15 de xaneiro de 2015 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.