publicidade hoxe

Cinco detidos como supostos autores dun delito de furto de varias vigas de ferro en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a R.E.CH., de 27 anos de idade e veciño de Pontevedra, a JM.B.L., de 39 e con domicilio en Vigo, a I.B.T., de 26, a M.B.T., de 27 e a L.G.J., de 38, estes tres veciños do Porriño, como supostos autores dun delito de furto de vigas de ferro que se encontraban depositadas nun terreo de Gondomar.

Na tarde de onte, día 29, unha patrulla do Posto Principal da Garda Civil de Baiona, en colaboración da Policía Local de Gondomar, sorprenden ” in fraganti” a cinco persoas cando se encontraban no interior dun terreo do citado municipio cunha furgoneta marca MERCEDES, modelo BENZ e en cuxo interior había once vigas de ferro duns 2 metros de lonxitude por 0’25 de ancho, así como diverso material utilizado para o corte destas como: soprete, soldador, dúas bombonas, unha de gas butano e outra de gas acetileno, comprobándose seguidamente que as vigas proceden do material depositado no terreo.

Por todo iso e ao non poder acreditar a propiedade ou permiso do titular do terreo para a recollida deste material, procedeuse á súa detención como supostos autores dun delito de furto, así como á incautación do vehículo utilizado xunto coas ferramentas e a vigas que quedaron depositadas a disposición da autoridade xudicial.

Os detidos, que contan con antecedentes policiais, foron conducidos ás dependencias oficiais da Garda Civil ao obxecto da instrución das correspondentes dilixencias, quedando en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número TRES de Vigo, cando para iso sexan requiridos.

30 de xaneiro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.