Ciclo de cine infantil no Museo de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O Museo de Pontevedra, en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), pon en marcha un ciclo de cine infantil para este ano 2015. Durante os próximos catro meses proxectarase mensualmente no salón de actos do Sexto Edificio do Museo unha película dirixida ó público infantil, cunha escolla dos títulos de máis éxito entre os máis pequenos.

Nun momento en que as imaxes posúen un enorme protagonismo e nos aproximamos maioritariamente a elas mediante a televisión, a internet ou os videoxogos, o Museo de Pontevedra e o CGAI, por medio dos ciclos júnior e infantil, propoñen outros camiños que poidan xerar novas emocións e o pracer de compartilas con outros espectadores na mesma sala: achegarnos ó cine no cine.

A través da diversidade da sétima arte, con filmes divertidos, serios ou emocionantes, descubrimos momentos do cine, iniciámonos na lectura das imaxes, viaxamos por outros horizontes, divertímonos … e amamos o cine!

As sesións terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, núm. 3) ás 17:00 h, con entrada de balde ata completar aforo e previa retirada do tícket na recepción.

As películas que se proxectarán son:

WALL•E: batallón de limpieza

Andrew Stanton, 2007

EUA, 99 min. (versión castelá)

Produtora: Walt Disney Pictures/Pixar Animation Studios

A partir de 5-6 anos

Mi vecino Totoro (Tonari no Totoro)

Hayao Miyazaki, 1988

Xapón, 86 min. (versión castelá)

Produtora: Studio Ghibli

A partir de 4 anos

Kirikú y las bestias salvajes (Kirikou et les bêtes sauvages)

Michel Ocelot, Bénédicte Galup, 2005

Francia, 75 min. (versión castelá)

Produtora: Les Armateurs/France 3 Cinema/Alta Films

A partir de 4 anos

El mago de Oz (The Wizard of Oz)

Victor Fleming, 1939

EUA, 102 min. (versión castelá)

Produtora: Metro Goldwyn Mayer/Warner

A partir de 6-7 anos

22 de xaneiro de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.