Chus desvincúlase do Santiago Futsal

Chus
O Santiago Futsal e Manuel Jesús Blázquez Pacheco, “Chus”, chegaron a un acordo amigable para rescindir o contrato que vinculaba ao xogador co club ata final de tempada. Na súa segunda tempada en Santiago Chus non chegou a ter o protagonismo no xogo que tanto xogador coma club esperaban e é por iso que de mutuo acordo se decidiu poñer fin á vinculación contractual entre ambas as dúas partes.
Dende o club gustaríanos recoñecer o excelente comportamento e profesionalidade de Chus, a quen lle desexamos toda a sorte que merece tanto a nivel deportivo como persoal.











