Chegan a Oleiros as hortas escolares
O Concello de Oleiros, na súa aposta por unha educación integral e de calidade, pon en marcha as hortas escolares. No mes de febreiro comezaran a funcionar os dous novos espazos habilitados neste ano, chegando neste curso 2014 – 2015 a un total de 750 rapaces e rapazas que teñen a oportunidade de desenvolver as súas capacidades de investigación e exploración, a vez que a familiarizarse cos traballos de cultivo, semente e colleita que se levan a cabo nunha horta.
Trátase dun proxecto educativo que levamos máis de 20 anos que o Goberno local leva realizando nos centros de ensino públicos de Oleiros, onde os máis pequenos aprenden e se divirten nunha hortiña onde teñen a posibilidade de cultivar de forma tradicional e ecolóxica. Un espazo onde se traballan unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades do alumnado que participa.
A novidade deste ano, e tendo en conta a solicitude dos centros educativos, é que ampliamos o programa ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Este feito fixo que en dous centros do Concello de Oleiros tiveramos que habilitar novos espazos educativos para desenvolver o programa. Con esta ampliación de espazos todos os Centros Educativos desde infantil ata primaria contan dentro dos seus recintos con hortas escolares. Estamos a falar dun total de 9 hortas: catro nas Escolas Infantís e cinco nos CEIP.











