Chega ao Auditorio Municipal de Ribadumia a “Banda de Gaitas Airiños do Castelo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

A concellería de Cultura de Ribadumia propón para este fin de semana unha actuación da Banda de Gaitas para toda a familia, que permite aos asistentes pasar un intre agradable e divertido a través da música.

A Banda que pertence ó Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos participa en numerosas actividades e eventos organizados polo mesmo, caracterizados sempre por un éxito rotundo.

A entrada é de balde este domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.

23 de xaneiro de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.