Charla de iniciación ao deporte adaptado en Adace

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Na mañá de hoxe tivo lugar unha charla na Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo(ADACE), por parte do preparador físico da Fundación Azkar, Ángel Pérez.

Durante a exposición expuxéronse varias alternativas deportivas para realizar actividade física mediante deportes adaptados ás necesidades de cada persoa, tanto a nivel de deportes colectivos como individuais pasando por outro tipo de actividades físicas non competitivas. Os usuarios da asociación mostráronse moi receptivos a esta iniciativa e en próximas datas seguirase realizando esta aproximación ao deporte adaptado de cara a seguir achegándoo tanto a estes colectivos coma a outros.

A Fundación Azkar leva varias semanas estudando e coñecendo ao realidade das persoas con dano cerebral adquirido, mediante visitas in situ á asociación e mediante a investigación nesta área do deporte que pode beneficiar a moitos colectivos mellorar a súa calidade de vida.

Dende a Fundación Azkar tamén queremos aproveitar para felicitar a ADACE Lugo polo gran labor que realizan con este colectivo, digno de admirar.

30 de xaneiro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.