César Santiso non se presentará ás primarias para elixir candidato á alcaldía na Coruña
O voceiro do EU-V no Concello da Coruña, César Santiso, non se presentará ás primarias desta formación para elixir candidato á Alcaldía, segundo informa. En concreto, sinala que a súa decisión de retirarse da “primeira liña da política” atende “única e exclusivamente a motivos persoais”.
Non obstante, precisa que o seu “compromiso” con esta formación “se mantén intacto”. Así, confirma que seguirá de concelleiro e voceiro municipal ata que remate o actual mandato “para seguir defendendo os intereses da maioría social”.
Nun comunicado, explica que a partir de maio e despois do enorme e esgotador traballo desenvolvido, chegou o momento de que outras compañeiras e compañeiros de EU collan o relevo”.
TEMPO PARA A SAÚDE E A FAMILIA
“Necesito tempo para dedicarme á miña saúde e á miña familia, á que teño desatendida despois destes anos de esforzo,” remarca o edil, que non puido asistir ao pleno celebrada esta semana a Corporación municipal coruñesa.
Por outra parte, insiste en que seguirá traballando para esta organización, da que asegura que é “a mellor ferramenta para transformar a sociedade”. Santiso avanza tamén que comparecerá publicamente unha vez reciba a alta médica.
Así mesmo, subliña que poñerá todos “os seus coñecementos e experiencia institucional ao servizo da organización e da persoa que saia elixida candidata á Alcaldía”, engade no comunicado.











