publicidade hoxe

Cerdido prepara a programación do Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O Concello de Cerdido xa está preparando as actividades para o entroido deste ano 2015. O festival de entroido celebrarase o día 14 de febreiro no pavillón polideportivo a partir das 16:30 horas. O festival está organizado polo Concello de Cerdido e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Despois do festival ofrecerase unha merenda gratuíta para tódolos nenos e nenas que veñan disfrazados. A merenda é ofrecida por dúas asociacións municipais: A Asociación Cultural “Airiños dos Carrís” e a Asociación de Mulleres Rurais “Albar Quercus”. A merenda consistirá en chocolate con churros e servirase ao rematar o festival, aproximadamente sobre as 19:30 horas. O Concello quere invitar a tódolos rapaces/as, e aos non tan rapaces, tanto de Cerdido como dos concellos veciños, a participar nas actividades programadas e animalos a que se disfracen para celebrar así o entroido, unha festa con gran arraigo cultural na comarca.

26 de xaneiro de 2015 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.