Castrelo de Miño comeza o ano con dúas festas gastronómicas
Comeza o ano e en Castrelo de Miño con dúas festas gastronómicas de grande tradición no noso concello.
– Os días 16 e 17 terá lugar a Festa do San Antón de Macendo.
Durante os dous días degustarase a partires das 20:30 horas Lacón, Chourizo e Orella. Haberá unha carpa cubrindo o campo da festa e cañóns de calor para climatizalas.
Actuarán a orquestra Los Satélites (día 16) e Los Trovadores (dia 17)
– O día 17 terá lugar a festa dos Noallos, na parroquia de Barral.
A partires das 8 da tarde, o Lacón con Grelos será o protagonista da festa.
Amenizará o grupo musical Tokio.