Carrefour converte á súa rede de gasolineras na primeira a nivel nacional cun prezo equivalente inferior ao euro por litro de gasoleo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

As gasolineras de Centros Comerciais Carrefour aforraron aos seus clientes máis de 140 euros de media ao ano grazas ás promocións permanentes ofrecidas nas que se alcanzou un aforro mínimo do 8% do importe repostado. A día de hoxe o aforro ofrecido en combustible equivale a pagar o litro de gasóleo por baixo do euro en toda a súa rede de gasolineras, o que supón un decidido apoio á economía familiar. As cantidades aforradas acumúlanse trimestralmente no Cheque Aforro do Club Carrefour para realizar compras nos seus hipermercados, supermercados e Carrefour Online.

Para acceder ás promocións é suficiente acreditar ser socio do Club Carrefour e presentar a tarxeta no momento do repostaxe ou pagar coa tarxeta de compra da compañía (Carrefour Pass), ambas totalmente gratuitas para o cliente.

Polo que respecta ao parque actual de gasolineras, a compañía conta con 115 puntos de venda trala inauguración durante o ano 2014 de 11 estacións de servizo xunto aos centros Carrefour situados nas comunidades autónomas de Andalucía (Almería, Jaén, Granada, Córdoba e Cancelada-Estepona), Galicia (Ferrol e A Coruña), Murcia (Cartagena), Comunidade Valenciana (Alacante), Cataluña (L´Escala-Girona) e Castilla-León (León).

O obxectivo é seguir contribuíndo ao aforro na cesta da compra dos seus clientes garantindo a calidade de todos os produtos ao traballar con proveedores de primeiro nivel tanto de ámbito nacional como internacional. Estes aforros son compatibles cos plans de axuda para maiores de 65 anos, familias numerosas e, desde o pasado mes de setembro, mozos maiores de 18 e menores de 30 anos.

SOBRE CARREFOUR ESPAÑA

Carrefour é o distribuidor líder en Europa e segundo grupo de distribución a nivel mundial. Está presente en Galicia desde 1.985, data na que inaugurou o hipermercado de Alfonso Molina (A Coruña). Na actualidade, xestiona nesta comunidade 11 hipermercados e nove supermercados Carrefour Market.

Conta ademais no noso país con 115 estacións de servizo, das que cinco se atopan en Galicia, situadas xunto aos seguintes establecementos: A Coruña (Coristanco, Ferrol e Alfonso Molina); Ourense e Pontevedra.

29 de xaneiro de 2015 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.