publicidade hoxe

Carral celebra a VII edición do Trofeo de Tiro con Arco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportes
A-
A+

O sábado 17 de xaneiro, disputarase no pavillón municipal do Espiño a 7ª edición do “Trofeo de tiro” con arco “Concello de Carral”. Este evento está organizado polo Concello de Carral e o club de arqueiros Adarve e persegue o fomento dunha práctica deportiva saudable entre os máis novos da localidade carralesa. Na competición tomarán parte seis escolas e clubs deportivos de diversos puntos da xeografía galega como A Coruña, Curtís, Laracha, Arteixo, Lugo, etc., e por suposto, a escola deportiva de tiro con arco de Carral. En total o evento acollerá máis de 90 arqueiros.

Está previsto que o evento, comece sobre as 17.00 h. con deportistas de idades comprendidas entre os 7 e os 55 anos. A competición cun formato por puntuación, constará de 7 categorías que agrupaban a todos os arqueiros; Esquío (masculino e feminino), Benxamíns (masculino e feminino), Alevíns (masculino e feminino), Infantís, Cadete, Noveles (masculino e feminino) e Sénior (masculino e feminino).

Espérase rematar o torneo, arredor das 19.00 h, momento no que todos os participantes poderán degustar uns “entremeses” ofrecidos polo club, mentres os xuíces do acto ditaminaban as puntuacións finais. Unha vez aclarados os postos, farase entrega dos trofeos aos tres mellores arqueiros de cada categoría ademais dun diploma para cada participante.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981. 672.580 no correo electrónico deportes@concellocarral.com.

14 de xaneiro de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.