Carballo asina o contrato dun novo centro de proceso de datos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de asinar con representantes da empresa CIE Tecnologías SLU, adxudicataria do servizo, o contrato de “Subministro e adecuación da sala do Centro de Proceso de Datos (CPD) do Concello de Carballo” que contou cun prezo de adxudicación de 163.719,42 euros. Coa dotación do novo centro de datos, que estará situado na planta baixa da casa consistorial, o Concello asegura a continuidade dos seus servizos informáticos, ademais de mellorar a seguridade e a eficiencia na xestión destes servizos. O novo centro contará, entre outras melloras, cun sistema de detección e extinción de incendios, cun sistema para soportar aplicacións a velocidades de 10 gigas ou axustará o sistema á normativa internacional. Así mesmo, o novo CDP reducirá o seu consumo enerxético, así como a súa pegada de CO2. O prazo de execución previsto para os traballos é de 90 días.

29 de xaneiro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.