publicidade hoxe

Cambre presenta as súas propostas de actividades para persoas con diversidade funcional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Como ven sendo habitual dende a entrada no goberno municipal de Cambre, a concelleira de benestar social, dona Mª jesús González Roel, por cuarto ano consecutivo presentará hoxe pola tarde no salón de Plenos a Programación de lecer para persoas con diversidade funcional, prevista para todo o exercicio do 2015. Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación se quere ofrecer ás familias con persoas con algún tipo de discapacidade ao seu cargo, propostas de ocio no mundo da diversidade funcional.

As dificultades de integración social coas que se atopan as persoas adultas con discapacidade do municipio de Cambre é evidente polo que é unha obriga dende o punto de vista político intentar integrar a este colectivo mediante actividades de ocio diversas tales como: ir ao cine, visitas culturais a museos, saídas de ocio nocturno, ir á bolera, a cear,…..

Ademais de ser unha oportunidade para crear vínculos entre eles e tamén entre as familias e o concello.

Toda persoa interesada poderá acceder a estas actividades presentando a solicitude correspondente e anotarse a todas ou parte das salidas programadas.

A programación para este ano é a seguinte:

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES DE OCIO 2015

Actividade

Data

Horario orientativo

Saída de Ocio nocturna

20/02/2015

12/06/2015

20:00 – 04:00

Sábado de Cine

27/06/2015

24/10/2015

17:00 – 21:00

Programa “Luar”

13/03/2015

19:00 – 03:00

Xornada deportiva BOCCIA

28/03/2015

10/10/2015

10:30 – 12:30

Talasoterapia

11/04/2015

11:00 – 13:00

Excursión Lalín

25/04/2015

09:30 – 19:00

Visita Casa dos Peixes

16/05/2015

11:30 – 17:30

Bolera Santa Cristina

30/05/2015

12:30 – 17:00

Partido futbol estadio Riazor

Sen confirmar

Sen confirmar

Saída fin semana

Setembro – outubro (sen confirmar)

 

Sen confirmar

28 de xaneiro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.