Cambio de datas do curso de monitor de tempo libre en Fórmate Rianxo
O programa Fórmate Rianxo 2015 informa de que o curso de Monitor/a de tempo libre cambio as súas datas de realización, pasando a facerse dende o 31 de xaneiro ao 13 de xuño, tódolos sábados (+ venres 1 de maio).
Todas aquelas persoas que estean interesadas poderán inscribirse no Servizo de Xuventude (Auditorio de Rianxo), nos teléfonos
981 100 688 664 181 401 ou no seguinte enlace.
Así mesmo informar que o curso de Emprende Rianxo: Crea a túa empresa foi aprazado, estando pendente de confirmar as novas datas.
Por último, pódense realizar aínda as inscricións para os cursos de Iniciación a informática e o luns 19 de xaneiro, ás 12:00 horas,
abrirase o período de inscrición para o curso de Iniciación ao alemán.











