Caballero denuncia a desvergonza da conselleira de Sanidade por culpar aos pacientes do colapso de Urxencias
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este mércores a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, de actuar con “desvergonza política” por “culpar” aos cidadáns que acoden a Urxencias do colapso nestes servizos.
En declaracións aos medios, o rexedor olívico alertou de que os hospitais vigueses están a vivir “unha crise sanitaria sen precedentes” coas urxencias colapsadas debido aos recortes.
Por iso, Abel Caballero instou ao Goberno galego a que actúe e reforce o persoal “porque a sanidade a pagamos todos, non nola regalan”.
Caballero lamentou que Mosquera responsabilice os pacientes por non se vacinar contra a gripe e apuntou que “Feijóo, parece que non vai con el”. ” Como pode seguir esa señora de conselleira?, cómo pode seguir no goberno? “, preguntou.











