Caballero anuncia a intención de que Vigo aspire a ser declarada Cidade da Infancia de Unicef en 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Abel Caballero avanzou hoxe que Vigo aspira a ser declarada Cidade da Infancia de Unicef en 2016. Na súa opinión, xa se cumplen os requisitos que establece a ONG, tal e como certificaron ao alcalde as responsables de Unicef coas que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.

Vigo xa cumple a práctica totalidade dos requisitos que establece Unicef para ser declarada Cidade da Infancia polo que o rexedor se amosou convencido de obter este recoñecemento en 2016. Deste xeito, Vigo sería a primeira cidade galega que o solicita e que o obtén, unha vez que xa dispón da Mención Honorífica -a única en Galicia- que é o paso previo a ser recoñecida Cidade da Infancia.

Logo de manter unha reunión coas responsables da ONG en Vigo, o alcalde explicou que a cidade xa supera as demandas da ONG, entre elas, o número de parques infantís, a atención aos colexios ou á xuventude. O único que falta, precisou, é dárlle carácter oficial ás contínuas sesións plenarias que se orgarnizan con nenos ou mozos no Salón de Plenos do Concello.

29 de xaneiro de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.