publicidade hoxe

Brión convoca dous cursos de iniciación á informática e de power point

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión vén de dar a coñecer os seus cursos de formación para febreiro de 2015, que inclúen un curso de iniciación á informática e outro de power-point. Ambos cursos teñen unha cota de inscrición de 30 euros e o prazo para anotarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 remata o próximo 27 de xaneiro.

Os dous cursos terán lugar na aula CEMIT do Concello de Brión, sempre que se reúna un mínimo de 10 alumnos. O curso de iniciación á informática desenvolverase entre o 2 de febreiro e o 5 de marzo en horario de 10:30 a 12:30 horas; mentres que o curso de power point terá lugar do 2 de febreiro ao 4 de marzo en horario de 20:00 a 22:00 horas.

12 de xaneiro de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.