publicidade hoxe

Boiro organiza un programa de habilidades sociais para persoas con discapacidade intelectual ou cognitiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Presentado polo Alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira e a concelleira de Servicios Socias, Beatriz Deus, mañá sábado 10  de xaneiro dará comezo ás 17:00h no Centro Social boirense unha nova edición do Programa de Habilidades Sociais para persoas con discapacidade intelectual e/ou cognitiva.

O obxectivo destes Obradoiros é crear un espazo formativo e activo en hábitos cotiás do fogar, de xeito que se promova o máximo nivel de independencia persoal dos participantes dentro da comunidade.

Este é o terceiro ano en que o Departamento de Servizos Sociais de Boiro organiza estes Obradoiros, que contaron cunha moi boa acollida xa en edicións anteriores.

Este ano estarán impartidos pola empresa Tecnos Social, e contan cunha achega da Deputación da Coruña.

9 de xaneiro de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.