publicidade hoxe

Autoridade Portuaria de Marín, Ría de Pontevedra e Xunta colaboran no eido da formación para a policía portuaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínPontevedra
A-
A+

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra colaboran no eido da formación ca sinatura hoxe dun convenio para a formación da policía portuaria a través da Academia Galega de Seguridade Pública.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asinou hoxe o convenio de colaboración en materia de formación co presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa grazas ao cal a formación do persoal da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra vinculados á vixilancia, seguridade e policía en zonas comúns, e de atención ao cidadán será impartida pola Academia Galega de Seguridade Pública, segundo as demandas da Autoridade Portuaria.

A Agasp ten coma un dos seus obxectivos enriquecer o capital humano dos servizos de seguridade pública mediante a formación e a innovación, impulsando a calidade nos servizos de seguridade pública co obxectivo dunha mellor atención ao cidadán, polo que proporcionará á Autoridade Portuaria o deseño e programas dos cursos, así como a infraestrutura organizativa, e os materiais didácticos para poder ofrecerlle á Autoridade Portuaria os máximos requisitos de capacidade e profesionalidade
Os cursos versarán fundamentalmente sobre materias de tráfico, atención ao público e instrución de dilixencias. Ademais, os policías portuarios poderán asistir aos cursos que se oferten na Academia de temas xerais nos que poidan ter interese, coma poden ser control de residuos, control de depuradoras e lodos, sanidade e benestar animal, control de produtos fitosanitarios, protección patrimonio cultural, e normativa de transporte de pescado ou marisco, entre outros.

A Academia Galega de Seguridade Pública da formación a máis de 7.000 profesionais da seguridade pública e das emerxencias, e o goberno galego considera a formación coma unha ferramenta imprescindible para garantir a eficacia e eficiencia en materia de seguridade pública e xestión de riscos e emerxencias.

15 de xaneiro de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.