publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ata 58 empresas optan á construcción da ampliación da estación depuradora de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou esta mañá que ata 58 empresas se presentaron ao concurso público aberto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para acometer as obras de ampliación da estación depuradora do municipio. Unha obra importante, subliñou o rexidor, como demostra o interese suscitado entre o tecido empresarial. E é que o orzamento ascende a 540.000 euros, que financiará íntegramente a Consellería a través de Augas de Galicia. E un investimento estratéxico, segundo explicou Ignacio Cabezón Lorenzo, que chega despois das intensas xestións realizadas no último ano polo goberno municipal de Neda ante a Xunta.

Administrativamente, é a Xunta a que saca a concurso os traballos que, segundo o proxecto, conta cun prazo de execución de seis meses. Segundo apunta o alcalde, as instalacións estábanse a quedar pequenas para dar resposta ás necesidades actuais. Pero, ¿que permitirá a obra proxectada? O alcalde sinalou que duplicaráse a capacidade da estación depuradora para poder procesar todo o contido dos alcantarillados realizados nos últimos sete anos. En Anca, Viladonelle e O Puntal. Conectaráse así toda a zona rural á depuradora, equiparándose coa zona centro. Non só iso, Ignacio Cabezón apuntou que cos traballos tamén se poderá retirar unha parte importante de auga limpa procedente dos alcantarillados próximos ao río e que, a día de hoxe, dificultan o traballo da depuradora –en esencia, melloraráse o seu funcionamento separando augas limpas e fecais-.

En definitiva, e en palabras do alcalde, permitirá que a práctica totalidade do territorio de Neda quede conectado á depuradora salvo casos especiais, que requerirán de solución alternativas como minidepuradoras de xuncos xa en estudo. En canto a saneamento, Ignacio Cabezón recordou que, na actualidade, en Neda só está pendente de realizar un tramo de saneamento na zona do Puntal, no que traballa o Concello. Agora, a Xunta premia o esforzo realizado por Neda e polos seus veciños durante os últimos trinta anos. Periodo que leva funcionando a estación depuradora, evitando o verquido á ría e minimizando por tanto o seu efecto negativo. Así, Neda será autónoma en canto a depuración de aguas e os seus veciños evitarán sobreesforzos económicos que traen consigo outras alternativas.

22 de xaneiro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.