Asínase o “Reacondicionamento de vestiarios e instalacións na Piscina Carballo Calero” para reparar os danos do incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato administrativo de obras de “Reacondicionamento de vestiarios e instalacións en xeral na Piscina Carballo Calero”, uns traballos que arranxarán os danos provocados por un incendio declarado o pasado mes de outubro nas instalacións. Estiveron no acto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un dos representantes da empresa adxudicataria, Construcciones Mouzo y Souto SL, que realizará a actuación por un importe de 46.675,37 euros (IVE incluído). O prazo de execución previsto é de catro semanas. Hai que lembrar que, aínda que o Complexo Deportivo Carballo Calero abriu as súas portas pouco despois do incendio, os vestiarios non están funcionando a pleno rendemento a causa dos danos, non só na estrutura senón tamén nos condutos de ventilación.

A empresa espera comezar pronto coas melloras para que a piscina estea en perfectas condicións o antes posible. Así mesmo, e dentro das actuacións de Mobilidade Carballo, tamén hai que mencionar que nos próximos días entrará en servizo unha nova área de estacionamento gratuíto de vehículos na contorna da Piscina Carballo Calero grazas ao acordo acadado entre o goberno municipal e os propietarios dun terreo situado na esquina das rúas Carballo Calero e Carré Aldao. Debido ao seu emprazamento, o novo párking permitirá atender a elevada demanda de prazas que se rexistra a determinadas horas do día nesa zona. Os operarios municipais xa estiveron traballando na limpeza da parcela, na que se delimitarán dúas ringleiras de vehículos.

22 de xaneiro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.