As parroquias da zona rural de Ferrol poderán descargar os residuos das fosas sépticas na depuradora de Cabo Prioriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con representantes de difertentes entidades veciñais de Doniños no local social da Xunta Veciñal desta parroquia. O edil de Zona Rural, José Polo Veiga, e varios técnicos municipais que supervisan os servizos que presta a Adminitración local tamén participaron neste encontro que se enmarca na cuarta fase do Plan de Barrios que está a desenvolver o Goberno Municipal. Este plan de coordinación dos servizos do Concello de Ferrol, implantado no presente mandato, permite ao alcalde un encontro semanal coas diferentes agrupacións veciñais -tanto do casco urbano como da zona rural- para repasar as intervencións de mellora e mantemento realizadas nos barrios e parroquias e, ademais, facilita directo do rexedor e dos supervisores municipais coas demandas e suxestións dos veciños.

Así as cousas, o saneamento, a reparación de viarios e o aumento da periodicidade nas tarefas de roce de camiños foron algúns dos asuntos máis destacados que abordou Jose Manuel Rey cos representantes das entidades veciñais de Doniños que asistiron a esta convocatoria do Plan de Barrios. En canto o saneamento, o rexedor municipal apuntou que, a través da Empresa Mixta de Auga de Ferrol (Emafesa), poráse en breve en marcha un servizo de limpeza de fosas sépticas para os veciños do rural. Emafesa ocuparase do vaciado e traslado dos residuos en camión cisterna á Estación Depuradora de Augas Residuais de Cabo Prioriño (EDAR). O custe desta prestación para as persoas que o soliciten deberá estar axustado ao que teñen que abonar os residentes na zona urbana polo servizo de saneamento. “Este sistema permitirá que os veciños/as do rural tamén se beneficien da entrada en funcionamento EDAR, que dende hai uns meses xa comezou a tratar e depurar as augas residuais procedentes do centro da cidade”, dixo.

E, ao fío do saneamento, o alcalde insistiu en que o Goberno Municipall traballa co obxectivo de que no vindeiro mandato o conxunto da zona rural de Ferrol teña coñexión á rede xeral de saneamento. Así está previsto no plan director da obras e no cadro de financiamento das mesmas que quedará aprobado neste mandato, e que fixa un programa de actuacións para o período 2015-2019. No que atinxe a Doniños, Jose Manuel Rey sinalou que a previsión é que o vindeiro ano 2016 os principais núcleos desta parroquia teñan conexión ao sistema xeral de saneamento.

Mellora de estradas

No que atinxe á mellora da rede viaria, o alcalde avanzou o próximo inicio das obras de renovación completa do pavimento da estrada que comunica O Vilar e Coviñas, actuación xa adxudicada por un importe de 48.000 euros; ao tempo que indicou que nestes momentos se encontra en licitación a mellora da estrada de O Lago, en que se investirán outros 80.000 euros.

Ademais, Jose Manuel Rey avanzou a mellora do servizo de roces co novo contrato de recollida de basuras e limpeza viaria que está en licitación, posto que estes traballos están incluídos no prego técnico. Esta circunstancia permitirá que os roces no rural se realicen de maneira habitual e non periódica como acontece actualmente.

Cuarta fase Plan de Barrios

Por último, en relación ás actuacións de mellora e mantemento levadas a caba nas últimas semanas de maneira intensa polos diferentes servizos municipais e empresas concesionarias, as principais foron:

– Intensificación das tarefas de limpeza, especialmente nas zonas do colexio, locais sociais e marquesinas.

– Limpeza e mantemento dos lavadoiros de Fontemaior, Vilar, A Fonte, A Fraga, A Croa y Quijote.

– Instalación de novas papeleiras na estrada do Vilar, Local Social e estrada da praia.

– Supervisión e mantemento do alumeado público nas zonas de O Pieiro, Cariño, Fontá, Confurco, Penencia,, Vilabuide, Vilar-Outeiro, Trasouteiro Doniños e Mougá.

– Correción de fugas no sistema de abastecemento de auga potable.

– Revisión e mantemento do parque infantil situado nas inmediacións do paseo marítimo.

– Mantemento de zonas verdes, con especial incidencia á zona do miradoiro de Adolfo Ros e ao paseo da praia.

30 de xaneiro de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.