publicidade hoxe

As Mariñas Coruñesas coloca un sinal para visibilizar a reserva na praia de Barrañán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixo
A-
A+

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo deu hoxe o seu primeiro paso para contar coa sinalización necesario que dea visibilidade á reserva de biosfera. As zonas verdes e as grandes vías de comunicación son os espazos elixidos en primeiro lugar para colocar paneis que informen a poboación de que se encontran nunha reserva. A praia de Barrañán foi o lugar elixido para poñer o primeiro panel informativo, na área recreativa xunto ao areal.

O cartel informa de en que consiste a reserva, mostra mapas e códigos QR para acceder a maior información online. O presidente da reserva, José Antonio Santiso, foi o encargo de inaugurar este plan de sinalización, acompañado do concelleiro de Turismo de Arteixo, Manuel Padín. Santiso destacou a necesidade de que os cidadáns coñezan a reserva “para poder cumprir os obxectivos da reserva: a concienciación ambiental e o aproveitamento turístico”. O plan de sinalización proseguirá nas principais estradas: AP-9, A-6, AG-55, N550, N651 ou AC-552. Esta iniciativa é viable grazas á colaboración acordada solicitada do organismo estatal Parques Nacionales, a través do Consorcio As Mariñas.

22 de xaneiro de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.