As “Luces do mundo” chegan á Sala Rivas Briones coa mostra do fotógrafo Anxo Rial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A globalización inundará dende mañá a Sala de Exposicións Antón Rivas Briones coas imaxes máis fermosas de diferentes países do mundo. Será a través da mostra “Luces do Mundo”, do fotógrafo vigués Anxo Rial, que chega da man da Deputación Provincial e que se poderá visitar en Vilagarcía ata o 6 de marzo. A exposición inaugúrase mañá, xoves, ás 20:00 horas.

A mostra “Luces do Mundo” que forma parte do programa de exposicións itinerantes do Museo de Pontevedra. A través desta colección de imaxes, o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invita ao espectador a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns: a fotografía e a viaxe. A nota común e característica das fermosas fotografías de Rial son a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espazos, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.

28 de xaneiro de 2015 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.