As infraccións de tráfico máis comúns en Vilagarcía foron os estacionamentos indebidos e saltar semáforos en vermello
Estacionamentos indebidos e saltarse semáforos en vermello foron as infraccións de tráfico que máis se cometeron nas vías urbanas de Vilagarcía durante o ano 2014, segundo se deduce la memoria estatística da Policía Local. Do total de 7.100 denuncias tramitadas polos municipais o pasado ano, 2.497 correspondéronse por aparcar en lugares indebidos e 694 por non respectar os semáforos. O incumprimento das normas de uso da Zona Azul motivou 1.396 denuncias, mentres que exceder as velocidades permitidas dou como resultado outras 261.
Respecto ás infraccións por aparcar en zonas prohibidas, estas desglósanse nas 814 por facelo enriba de beirarrúas ou en zoas peonís; 786 en zonas reservadas como de carga e descarga, 359 por estacionar en dobre fila ou ocupando un carril da circulación, 235 en pasos de peóns, 170 en prazas de minusválidos e 133 en zona de mercado.
No apartado de incumprimento das normas de uso da Zona Azul, das 1.396 denuncias interpostas, 745 foron por estacionar sen disco; 479 por superar o límite horario, 145 por non indicar a hora correctamente, 25 por detectarse que se modificou a hora no disco unha vez pasado o período inicial autorizado e 21 por mover o coche dunha praza azul a outra da mesma rúa antes de transcorrida unha hora do remate período inicial de estacionamento.
Durante as campañas de control de velocidade que a Policía Local fai nas principais vías urbanas e travesías do municipio, puxéronse 261 denuncias por exceder os límites sinalados en cada caso. Os axentes da Policía tamén puxeron atención na perigosa práctica que supón conducir á vez que se fala polo teléfono móbil. Por esta razón denunciáronse 81 casos.
Por último, a Policía tramitou o ano pasado 49 denuncias por alcoholemia positiva.
Carecer de seguro ou non ter actualizada a ITV remítense a Tráfico
Do total de denuncias realizada pola Policía Local, 178 remitíronse á Xefatura Provincial de Tráfico por ser a administración competente, mentres que as 6.922 restantes tramitounas directamente o corpo local. Destas últimas, a meirande parte correspondéronse a infraccións leves (4.894); 1.895 a graves e 133 ás tipificadas como moi graves. En canto ás denuncias remitidas a Tráfico, 88 obedeceron a carecer de seguro, 56 a non ter ao corrente a ITV e 34 a outras infraccións.
Os condutores que se viron afectados pola resta de puntos dos seus carnés de conducir como consecuencia das denuncias tramitadas en 2014 pola Policía Local ascenderon a 1.625
Maior número de expedientes
Aínda que o número de denuncias presentadas pola Policía Local durante 2014 ascendeu a 7.100. os expedientes tramitados foron máis, un total de 7.717 posto que moitos correspóndese a infraccións cometidas a finais do 2013 e cuxa tramitación iniciouse en 2014.











