As descargas de auga no parque empresarial de Nigrán son puntuais e realizadas para garantir a calidade da auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Tras a incidencia puntual no abastecemento de auga ao parque empresarial Porto do Molle detectada o pasado mes de novembro, a empresa concesionaria municipal Aqualia incrementou o controis rutineiros na rede de subministración de auga do parque empresarial, co fin de garantir en todo momento que a calidade da auga é apta para o consumo humano.

De forma paralela a estes controis, dende o concello de Nigrán xa se iniciaron as conversacións pertinentes coa Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia, co obxectivo de buscar unha solución definitiva ao abastecemento ao parque empresarial.

Mentres tanto, e co fin de garantir a subministración de auga cos estándares de calidade recollidos no Real Decreto 140/2003, estanse a realizar descargas puntuais naqueles momentos nos que a baixa demanda do parque empresarial o fai necesario.

O alcalde, Alberto Valverde, sinala que, se ben o desperdicio de ata unha soa gota de auga é desdeñable, as descargas que se están a realizar no parque empresarial son puntuais e realizadas co fin de garantir a calidade da auga para o consumo humano.

Neste sentido, recorda que se trata dunha cuestión cuxa orixe se remonta á propia construción do parque empresarial, xerada como consecuencia da capacidade das canalizacións da propia instalación, preparadas para abastecer o 100% do parque empresarial. “Como dicía unha medida temporal e puntual para garantir a calidade da auga, pero concello, Xunta de Galicia e Zona Franca estamos en contacto para buscar unha solución alternativa”, conclúe Valverde.

9 de xaneiro de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.