As catro obras que se retoman esta semana en Vilagarcía rondan o millón de euros de investimento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O remate das festas de Nadal e das vacacións do sector da construcción, o luns retómanse en Vilagarcía catro importantes obras cuxa execución paralizouse temporalmente polos motivos antes sinalados. Trátase das remodelacións do Parque da Xunqueira e do Paseo de Rodrigo de Mendoza, a reforma da Praza de España e o Plan de Asfaltados. Catro actuacións que repercutirán de xeito moi positivo na imaxe de Vilagarcía e na calidade de visa dos vecinos e que supoñen un investimento de 922.538 euros. A estas haberá que sumar nos vindeiros días outros importantes proxectos.

A obra que se iniciou primeiro e que se retoma o luns, é a remodelación do Parque da Xunqueira. Toda vez que se rematou a rehabilitación do paseo central e parte dos laterais, esta nova parte dos traballos dedicaránse á renovación da zona deportiva. Este proxecto supón un investimento de 318.762 euros que se financia a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial e que executa a empresa Construcciones Abal.

Con fondos municipais correspondentes ao Plan de Investimentos 2014, o Concello sufraga o Plan Municipal de Mellora da Rede Viaria que comezou a executarse en novembro e que entra agora na última fase. Estas obras paralizáronse no centro da cidade ao chegar o Nadal co obxectivo de non interferir no intenso tráfico e na actividade comercial que se incrementa nestas datas.
Os operarios de Covsa reanudan o luns o traballo aínda que as obras propiamente ditas comezarán o mércores, sempre que non chova. O luns empezarán a sinalizarse e valarse as zonas polas que se actuará a partir do mércores coa finalidade de avisar con tempo a condutores e vecinos e evitar o tráfico que se rexistra no centro da cidade o martes con motivo do mercado ambulante. As rúas que quedan por asfaltar son un tramo da Avenida da Mariña, outro de López Ballesteros, Conde Vallellano, o enlace entre a rotonda do Cavadelo e dos Xulgados. Como na etapa anterior, as vías iranse pintando e sinalizando de xeito seguido ao asfaltado.
As rúas que xa se fresaron e asfaltaron antes de Nadal foron a Rúa Magnolio; Avenida de Matosiños, San Roque (dende a gasolinera ata Padre Feijoo), o perímetro da Praza da Independencia, Praza de Galicia, Alejandro Cerecedo e García Lorca.

A terceira das obras que comezará o luns tamén a sufraga o Concello a través do Plan de Investimentos de 2014. É a esperada reforma da Praza de España, una actuación á que se destinan 224.709 euros e que executará a firma Stradia Infraestruturas S.L. segundo o proxecto deseñado polo Arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación e das Áreas Integradas.
Antes do Nadal xa se tiñan realizado as labores de replanteo e medicións topográficas do terreo. O luns iniciarase a valar o perímetro do xardín, xa a primeira parte dos traballos centraranse exclusivamente na zona verde, polo que non se verá afectada a circulación ao redor da Praza.
O que sí se verán alteraqdos serán os estacionamentos, posque que será necesario eliminar a liña do xardín en Doutor Tourón, suprímense dous fronte á igrezxa para instalar as casetas de obra e outros dous nun dos laterais da Praza para o acopio de materiais.

O cuarto dos proxectos xa iniciados e que se retoman o luns despois de Nadal é o de acondicionamiento do paseo de Rodrigo de Mendoza, no tramo que vai entre a Rúa Santa Eulalia e Doutor Tourón. Esta obra realízase con cargo ao Plan Urxente de Mantemento e Ibnfraestruturas Municipais 2014 da Deputación Provincial e adxudicouse á empresa Marco por 106.435 euros.

Nas dúas obras municipais o Concello inviste 497.341 euros mentres que os outros dous proxectos xestionados dende Ravella ante a Deputación suman 425.197 euros de presuposto.

10 de xaneiro de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.