publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As candidaturas ao I Premio da Concordia e a Solidariedade Adolfo Suárez poderán presentarse ata o 30 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda lembrou esta mañá que o prazo para presentar candidaturas á primeira edición do Premio da Concordia e a Solidariedade “Adolfo Suárez” concluirá o próximo 30 de xaneiro. Organizado polo Concello nedense, o certame busca recoñecer á persoa, institución, grupo de persoas ou de institucións que se teñan distinguido pola súa adicación, de forma altruísta e positiva, á promoción e apoio aos demáis e cuxa labor contribúa de forma significativa á defensa dos dereitos humanos, ao fomento da paz, da liberdade, da solidariedade e, en xeral, ao progreso da humanidade.

Leva por nome Adolfo Suárez, ex presidente do Goberno, co ánimo non só de rendir tributo a unha figura clave da Democracia en España senón tamén contribuír a perpetuar na memoria colectiva o seu legado e valores. A liberdade, a responsabilidade, o mérito e o esforzo persoal, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respeto e a xustiza, valores todos eles que constitúen a base da vida en común.

As bases poden consultarse no Taboleiro de Anuncios da casa consistorial e na web municipal (www.neda.es) e as candidaturas poden presentarse por correo electrónico ao enderezo: alcaldía@neda.es ou enviarse por correo certificado ou entregarse presencialmente no enderezo: Concello de Neda. Avenida de Alxeciras, 34, Neda.

O galardonado recibirá unha escultura realizada ex profeso para este certame, un premio en metálico de 1.000 euros, diploma e unha insignia do Concello de Neda.

21 de xaneiro de 2015 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.