publicidade hoxe

Arranca na parroquia de Magalofes o obradoiro de Educación para a Saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene iniciará este venres, 30 de xaneiro, un obradoiro de Educación para a Saúde na parroquia de Magalofes. Celebraráse no local da AVV San Xurxo de forma estable ata o 27 de marzo, unha vez á semana e cunha duración de hora e media –entre as 19 e as 20,30 horas-. A participación é completamente gratuíta e as sesións forman parte do programa “Tardes Activas”, que promove a Concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Deputación provincial da Coruña.

O obradoiro está destinado aos maiores do municipio e, aqueles interesados en participar, poden anotarse no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avenida do Mar, Bloque 1 baixo- San Valentín) ou na propia asociación. A través das sesións, e con diferentes técnicas de relaxación, preténdese aprender a controlar o estress, a ansiedade e os seus síntomas.

29 de xaneiro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.