Apertura do procedemento para a adxudicación de cinco vivendas protexidas construídas en Oleiros
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas protexidas de promoción privada, construídas por Xestur en Mesón da Auga, Oleiros. No procedemento de adxudicación poderán participar todos aqueles inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda de réxime xeral e acceso en compra, que soliciten a súa inclusión no sorteo.
Os interesados que estean inscritos no Rexistro de Demandantes en Oleiros dispoñen de quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude na resolución de inicio do sorteo, que atoparán na web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes.
As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:
|
Nº de vivendas |
Superficie m2 |
Nº dormitorios |
Prezo € |
|
3
quenda xeral
|
82
|
3
|
69.350,65 € + 10% de IVE
|
|
2
quenda mobilidade reducida
|
82
|
3
|
69.350,65 € + 10% de IVE
|
A construción das vivendas está rematada.











