Apertura do prazo de inscrición para participar na ‘Nocturna da Torre’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na Nocturna da Torre, terceira carreira do circuíto Coruña Corre, que se celebrará o próximo 28 de marzo a partir das 19.50 horas. É a proba de maior éxito do circuíto -na pasada edición contou con 1.698 corredores-.

A carreira, que leva o nome de José Antonio Varela Calviño -membro da directiva da Federación Galega de Atletismo, que combinou o fútbol coa práctica do atletismo, na que destacou dende moi novo- conta coa colaboración do Club Coruña Comarca e da Asociación de Veciños e Comerciantes de Monte Alto.

Cun percorrido de 6.590 metros, a carreira sae da explanada da Torre de Hércules para percorrer o paseo marítimo ata As Ánimas, no castelo de San Antón, e regresar ata a meta, situada tras o ascenso da rampla de suba á Torre de Hércules. O resto de categorías sairán ás seguintes horas:

. Xuvenil e Cadete: 17.15 horas, 2.300 metros.

. Infantil feminino: 17.40 horas, 1.600 metros.

. Infantil masculino: 17.55 horas, 1.600 metros.

. Alevín feminina: 18.10 horas, 800 metros.

. Alevín masculina: 18.20 horas, 800 metros.

. Benxamín feminino: 18.30 horas, 800 metros.

. Benxamín feminino: 18.40 horas, 800 metros.

. Pitufos: 18.55 horas, 150 metros.

Os interesados en participar poden inscribirse ata o 23 de marzo na web de championchipnorte.com ou de forma presencial na oficina de viaxes de El Corte Inglés da Casa da Agua. Esta terceira edición do circuíto Coruña Corre completarase coas seguintes probas:

. VII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. 28 de xuño

. III Carreira Popular Ventorrillo. 12 de xullo

. IV Carreira Popular Volta a Oza. 9 de agosto.

O circuíto Coruña Corre naceu coa intención de fomentar o deporte, aglutinar organizativamente ao gran número de carreiras populares en ruta que se organizan actualmente no municipio e involucrar ás asociacións veciñais e clubs de atletismo da cidade. Unha das súas particularidades é a de contar cunha clasificación familiar que pretende que os membros dunha mesma unidade familiar participen xuntos.

Na súa terceira edición, segue apostando polo fomento do deporte e dos hábitos saudables entre os coruñeses de todas as idades. Tras o éxito da pasada edición, na que o circuíto se consolidou con 1.756 participantes, esta terceira edición -cuxa inscrición xa está pechada- conta con 2.358 inscritos finais, entre os que se encontran 127 familias. Ademais, nas dúas primeiras carreiras do circuíto logrouse incrementar por enriba do 22% a participación feminina, outro dos grandes obxectivos de Coruña Corre.

25 de xaneiro de 2015 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.