publicidade hoxe

Andrés Álvarez e Pablo García dominan na clasificatoria 420 en Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarínPorto do Son
A-
A+

Andrés Álvarez e Pablo García do R.C.M. Aguete dominan o primeiro día da clasificatoria 420 que se está a celebrar en Portosín e válelles para a vitoria final.

A xornada do sábado comezou cun vento que non era do agrado do comité de regatas pola imposibilidade de navegar pero ao pouco tempo de aprazamento a compoñente se entaboou e estabilizou nun 200 que marcou as tres probas disputadas, con grande subidas de intensidade en función do paso dos chuvascos

Pouco a pouco os regatistas ían pagando as consecuencias do día, e cometendo así erros típicos do cansazo e do frío. O que provocou un gran número de xiros e abandonos.

Como peixe na auga desenvolvéronse as tripulacións máis experimentadas colocándose así á fronte da clasificación, tras os dominadores Andrés e Pablo colócanse Adrían Domínguez e Marta Domínguez do L.C. de Vilagarcía e Rodrigo Rodríguez e Omar Colmenares do R.C.N. VIGO. Os locais Marcos Fernández e Pedro García afástanse dos postos de cabeza asinando un quinto posto da xeral.

As primeiras rapazas colócanse na sexta posición e son Carlota Hernández e Ana Carrasco do RCN Vigo

Na xornada do domingo eolo non apareceu ata os minutos finais o que imposibilitou a realización de probas sendo así válidos os resultados do día anterior.

A entrega fíxose no salón social coa presenza de Jorge Fernández, Manuel Villaverde presidente da Federación Galega de Vela e o secretario da clase 420 en Galicia Miguel Rodríguez así como o presidente do Real Club Náutico Portosín Fernando González e os membros da súa xunta directiva Francisco Lores, Dores Branco e José Antonio García.

19 de xaneiro de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.