Alex Diz e Manolo Vázquez analizan ao Jaén Paraíso Interior horas antes do encontro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Alex Diz e Manolo Vázquez na rolda de prensa

Alex Diz e Manolo Vázquez na rolda de prensa

Esta tarde celebrouse a roda de prensa previa ao partido que este sábado (18:00 horas- Pavillón Municipal de Lugo) enfrontará ao Prone Lugo ante o Jaén Paraíso Interior, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Alex Diz.

Declaracións:

Alex Diz: “A vitoria en Tenerife foi moi importante a nivel anímico. A vitoria de Jumilla non a debemos de valorar, nós agora temos que loitar por superar a Uruguay Tenerife. Jaén é dos mellores equipos logo dos tres grandes, teñen xogadores de moita calidade e non podemos cometer erros para poder competir. Eu creo que a vitoria é moi importante de cara aos próximos partidos.”

Manolo Vázquez: “Vexo ao equipo ben, esta semana estamos adestrando ben. Estamos crecendo a nivel de sistemas, cada vez teñen máis claros os seus roles. O partido é quen nos mide o traballo da semana, estamos en mellores condicións que contra Pozo ou Marfil. Empezamos a saber pasar os malos momentos do partido sen encaixar. Non nos imos a fixar na clasificación senón en crecer día a día. A Jaén véxoo como o cuarto equipo da competición, é un equipo moi equilibrado, presionan moito, teñen bo un para un, boa finalización e unha boa portería. Eu confío no grupo e cada día van a máis e penso que van competir ben. Non me preocupa a baixa de Mimi, xa levaba tempo sen entrar por culpa da lesión, e esta semana recuperamos a Cospe, que malia levar moito tempo parado fixo un bo adestramento. Nacho Pedraza e Rubén non adestraron con regularidade esta semana debido a problemas físicos, así que creo que haberá que facer descartes, os que adestran toda a semana deben estar. Hai que pensar no presente e no futuro, do pasado hai que aprender. Hai que transmitirlle aos rapaces que o nivel de esixencia é innegociable. Illi estase gañando o continuar aquí o ano que ben, o día de Valencia antes do partido díxenlle que si seguía como ata ese momento non estaría o ano que vén, quero que Óscar teña que dar un nivel moi alto para poder xogar, este sábado vai xogar Óscar , pero ten o reto de dar un nivel superior ao de Illi nos dous últimos partidos, xa que foi unha base importante para poder competir. Vexo ao equipo que está madurando moito e que se dá conta do que poden facer si pensamos todos igual. O cambio no club foi bo, neste club respéctase moito a xerarquía. Eu nesta fase quero ser só adestrador e preocuparme da Escola, á que lle teremos que dar unha volta porque hai temas que se están confundindo; a Escola ten que formar persoas e técnicos e ter moito labor social e non pensar nos resultados.”

22 de xaneiro de 2015 | 20:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.