Alberto Salcedo e Lysvanys Pérez logran a primeira a clasificación para o Campionato de España Absoluto
Dous dos atletas da Sociedade Ximnástica, Alberto Salcedo e Lysbanys Pérez na súa primeira competición do ano conseguiron a marca de clasificación para o Campionato de España absoluto de pista cuberta, que se celebrará o 21 e 22 de febreiro.
Alberto, que conseguiu en 2013, a medalla de ouro nos 200 metros; non acudiu por unha lesión a defender o seu título en 2014 e o pasado fin de semana correu en Antequera a distancia en 21 segundos e 64 centésimas, un tempo que o pon, na terna de favoritos para medalla no Campionato de España.
Lysvanys tivo o ano pasado unha aciaga experiencia no nacional absoluto na proba de salto de altura, sufriu unha lesión no inicio da competición, que ademais o inhabilitou para o resto da tempada. Os 2 metros e 7 centímetros que saltou en Antequera é a confirmación de que os seus problemas físicos quedaron atrás e esperamos velo no equipo pontevedrés que acuda á Copa do Rei.











