Alberto Díaz sitúase líder da Regata do Río Negro en K-1 máster

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+

Alberto Díaz é o líder da Regata do Río Negro en K-1 máster e Iván Alonso figura no segundo lugar en K-1 sénior despois de disputarse as dúas primeiras etapas. Aínda restan por disputarse catro etapas. Tras máis de cen quilómetros recorrido, os participantes afrontarán tras a xornada de descanso as grandes dificultades da competición. Ambos os dous son os dous únicos galegos que participan na proba.

Os dous padexeiros do Kayak Tudense están a cumprir cos seus obxectivos. Alberto Díaz xa gañou esta regata en anos anteriores e mostra unha enorme fortaleza. Impúxose nas dúas primeiras etapas e xa ten unha vantaxe de case sete minutos con Claudio Penchulef na modalidade de K-1 máster B.

Pola súa banda, Iván Alonso afronta a súa primeira participación na Regata de Río Negro. Na xornada inaugural foi segundo e gañou a segunda etapa. Supéralle na clasificación xeral Pascual Horacio Orellana en pouco máis de dous minutos.

Esa diferenza puido ser menor se o tudense non comete un erro na chegada a Vila Regina. Non sabía onde quedaba, equivoqueime, pero pouco a pouco podemos ir recuperando o tempo que me leva o adversario. É unha diferenza importante, esperemos que nas próximas etapas poida remar mellor e facer unha boa carreira, ir un pouco máis cómodo. O principal problema é que non estou afeito á forte corrente do río”, declarou o tudense.

A primeira etapa foi entre Neuquen e Xeneral Rocha, de 47 quilómetros e a segunda ata Vila Regina, de 59, segundo o programa oficial. A quinta xornada, de 64 quilómetros, será a máis esixente para os 108 padexeiros de varios países que participan na regata.

11 de xaneiro de 2015 | 21:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.