publicidade hoxe

Acordos da reunión da comisión organizadora da XXXI Moexmu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, leva traballando dende o pasado mes de xullo na organización das edicións que terán lugar entre o venres 10 e o domingo 12 de abril do 2.015, son:

XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu
XXIX Concurso de Gando Frisón
XXIX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega
XVIII Subasta de Gando Selecto.

Pola súa parte, a XXIV edición da Festa de Filloa, celebrarase, coma sempre, o primeiro de maio, este ano venres. Ten a consideración de Festa de Interese Turístico de Galicia dende o 20 de febreiro do 2.008, concedido por parte da Xunta de Galicia á proposta da Consellería de Innovación e Industria.

O pasado sábado 17 de xaneiro, celebrouse o tradicional reunión anual coa comisión de gandeiros e Africor Lugo para tratar asuntos relacionados co concurso, exposición e subasta de gando selecto, á cal asistiron representantes do Concello de Cospeito, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

De dita reunión, acordouse:

–  Abrir o periodo de inscripción das cabezas de gando para o ÚNICO concurso que se vai celebrar na provincia de Lugo neste ano.

–  Solicitar xuiz a CONAFE (ao igual que nas edicións anteriores)

–  Manter o reparto das seccións do concurso da edición anterior, así como a estructura do mesmo (concurso de xata e vacas o sábado durante toda a xornada e a subasta o domingo pola mañá, así como a entrega de premios)

–  Se as condicións económicas o permitirán, non se descarta repetir unha subasta de gando no mes de xullo (previsiblemente), pero non se tomará a decisión final ata que se celebre a deste mes de abril.

–  Durante as vindeiras semanas manterase reunións tanto co Concello de Cospeito, coa Deputación Provincial de Lugo, así como coa Delegación da Xunta de Galicia en Lugo.

–  Igualmente na reunión, se falou sobre a situación actual do sector

–  Tamén, durante a mesmo, os asistentes foron coñecedores de que a vaca campiona na edición do 2.013 (PozoSaa Goldwin Sonia), acaba de gañar unha sección nun concurso Internacional de Gando que se estaba a celebrar en Suiza e pasaba á final do mesmo.

A Comisión Organizadora deste ano, a compoñen os seguintes empresarios:

–  Manuel Seijas Vázquez – que será por sexta vez o presidente desta comisión, e convértese no empresario que máis veces presidiu a MOEXMU.

–  Carlos García Teijeiro – que xunto ao presidente, son os únicos que se manteñen dende os inicios desta comisión no ano 1.989

–  Carmen Goas Cordal – nova incorporación

–  Manuel Lamas Novo – a segunda vez que a organiza

–  Julio Pacio Fernández – que se incorporou a esta comisión na edición do ano 1.999

–  José Seoane Debasa – nova incorporación

Manuel Seijas e Carlos García igualan a Avelino García Parga nas personas que máis veces organizaron a MOEXMU, seis veces cada unha deles.

Esta comisión organizadora, levou as rendas das edicións dos anos: 1.989, 1.994, 1.999, 2.004, 2.009 e neste ano 2.015.

O coordinador, seguirá a ser, José Manuel Rus Rodríguez.

18 de xaneiro de 2015 | 14:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.