Acondicionamento da praza a carón da igrexa de San Andrés de Barciela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Inspección dos traballos

Inspección dos traballos

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron as obras de acondicionamento da praza pública anexa á igrexa de San Andrés de Barciela. Nesta actuación investíronse 15.602 euros. As obras consistiron no acondicionamento da praza pública anexa á igrexa da Barciela para estacionamento público e usos comúns. Tamén se repararon os accesos e mellorouse a rede de recollida de augas para evitar empozamentos no ámbito.

Ademais dos labores de pavimentación, de mellora dos accesos á igrexa e cemiterio, e de colocación de baixantes, drenaxes e reixas, colocouse nova sinalización, relativa á igrexa e ao Camiño de Santiago. Tamén se plantarán catro novas árbores e realizouse unha limpeza xeral.

22 de xaneiro de 2015 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.