publicidade hoxe

Acebe CCA sortea os premios da campaña de Nadal do comercio de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE CCA celebrará mañá, xoves 8 de xaneiro, o sorteo ante notario no que se darán a coñecer os números premiados da campaña “Este Nadal regala Comercio de Betanzos” que premiará a fidelidade dos clientes do comercio de Betanzos sorteando 1.500 € en premios que se repartirán nun primeiro premio de 500 €, dous segundos premios de 250 € e cinco terceiros de 100 €.

Os números premiados publicaranse na páxina web www.comerciodebetanzos.com e no número de xaneiro de “Betanzos e a súa comarca”. Para poder reclamar o premio os gañadores deberán poñerse en contacto con ACEBE.CCA a través do número de teléfono 981774574 ou presencialmente nas oficinas de ACEBE CCA ubicadas na Praza Mestre Xosé Dapena 1, tendo como data límite o 28 de xaneiro de 2015.

Os clientes do comercio de Betanzos que realizaron as súas compras nas empresas ou comercios asociados a ACEBE.CCA entre o 12 e o 31 de decembro recibiron os boletos cos que participan automáticamente no sorteo de 1.500 € que se poderán canxear a través de tarxetas regalo nos establecementos asociados a ACEBE CCA. A campaña “Este Nadal regala Comercio de Betanzos” está organizada por ACEBE CCA e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Betanzos e Gadis.

Pista de patinaxe sobre xeo

Ademais da campaña de promoción comercial, ACEBE CCA instalou durante o Nadal na Praza Irmáns García Naveira unha pista de patinaxe sobre xeo que estará en funcionamento ata o vindeiro domingo 11 de xaneiro. Esta actuación está incluída dentro do plan de promoción e dinamización do comercio local apoiado pola Deputación da Coruña e que conta tamén con la colaboración do Concello de Betanzos e da Xunta de Galicia.

7 de xaneiro de 2015 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.