Abanca e Prosegur trasladan a súa intención de manter os empregos dos traballadores de HP da Coruña
Abanca e Prosegur trasladaron aos traballadores dos dous centros de Hewlett-Packard (HP) en A Coruña a súa intención de manter os empregos, segundo informou Roi Villamarín, membro do comité de empresa, tras unha reunión celebrada este mércores.
Tamén fontes de Abanca confirmaron que houbo “un contacto informal” e subliñaron a “aposta” por parte da entidade “polo mantemento do emprego e das condicións de traballo”.
Ao respecto , e no día en que os traballadores convocaron unha xornada de folga, insistiron en que ambas as dúas cuestións se formularon como “esixencia ao novo provedor”. Por outra banda, dende a entidade indicaron que colaborarán “activamente para que o proceso chegue a súa fin”.
Mentres, o comité destacou o nivel de participación na xornada de folga, que cifrou nun 80% nun equipo de 335 empregados. Sobre a reunión celebrada este mércores, Roi Villamarín indicou que supón “un primeiro paso que ten que rematar unha mesa de negociación”.
“Non hai nada en firme”, dixo tras precisar que dende Abanca se lles transmitiu “a intención de subrogar os contratos e as condicións laborais”. No caso de Prosegur, manifestou que se lles trasladaron “as boas intencións”.
Para o día 26 hai convocada unha nova reunión e precisou que, en función do seu resultado, decidirán se suspenden a folga convocada para o día 30. Coincidindo co paro deste xoves, os traballadores han secundando unha concentración no Obelisco.











