A Xunta asegura que Vigo ten as portas abertas para sumarse ao transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

A Xunta insistiu en que Vigo ten “as portas abertas” para reconsiderar a súa posición e sumarse ao plan de transporte metropolitano que asinará o Goberno galego con 13 municipios da área.

Así o manifestou a conselleira de Medio, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, en declaracións aos medios durante unha visita ao Concello de Redondela. “Estamos no plan de transporte os que queremos estar, e o que non queren non están”, indicou a conselleira.

En calquera caso, apuntou que “o único” que ten que facer o Concello de Vigo é “dicir que quere estar”, para que os usuarios do transporte se poidan beneficiar, ademais das bonificacións, dos transbordos urbanos gratuítos.

Ethel Vázquez subliñou que o transporte metropolitano é un proxecto “que funciona”, e reiterou o desexo da Xunta de que Vigo se incorpore “nas mesmas condicións que o resto de concellos”. Así mesmo, sinalou que a previsión do Goberno galego é que o servizo poida entrar en funcionamento no próximo mes de marzo.

9 de xaneiro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.