A Ximnástica tentará brillar no Campionato de Galicia de Probas Combinadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A tempada 2014/2015 baixo teito, arrancará co Campionato autonómico de probas combinadas, que se disputa en Lugo. Os atletas da Sociedade Ximnástica, continúan fieis á cita coa presenza dunha ducia deles, nunha especialidade atlética na que levan décadas, sumando medallas.

O módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de atletismo, acolle a cita por segunda vez consecutiva, o ano pasado Santi Ferrer Alonso e Sandra Carballo leváronse os dous títulos absolutos e acoden de novo coa intención de repetir vitoria, pero esta vez terano complicado, Santi terá en fronte ao atleta do Celta de Vigo, Adolfo Sainz, que sobe da categoría júnior e Sandra a Andrea Novo do Feminino Celta, que está a preparar moi ben este campionato.

No resto de categorías Darío Costas é favorito ao triunfo na categoría júnior, Marco Martínez pode ser podio na categoría cadete; María Jiménez intentará pelexar por unha medalla na categoría cadete feminino e o veterano Francisco Quintans intentará repetir o primeiro posto da pasada edición.

Tamén se celebrará unha xornada de control no que estarán outros atletas pontevedreses e o domingo pola mañá en Vigo, dispútase a 2ª xornada do Trofeo de inverno; Balaídos encherase de atletas coa franxa azul no peito, buscando ver os resultados a todo o esforzo empregado nos seus adestramentos.

8 de xaneiro de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.