A unidade móbil da ITV de ciclomotores estará o martes na Laracha
A unidade móbil para a realización das inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores -de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade-, motos e quads –neste caso, de máis de catro anos de antigüidade- estará no Concello da Laracha o martes da próxima semana, día 20 de xaneiro.
O lugar no que se instalará será a rúa Manuel Murguía da capital municipal, concretamente na explanada xunto ao IES Agra de Leborís e a biblioteca.
O horario de atención ao público é de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.
As persoas interesadas poden reservar cita previa por internet accedendo á web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 309 000.











