A Udiaf-Deza prestou 2.100 accións de apoio personalizado a 122 familias
A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Deza, que leva sendo un referente desde a súa posta en marcha no ano 2009, é valorada cun alto nivel polas familias usuarias do servizo A concelleira delegada de Benestar vénse de reunir co presidente e coa coordinadora da UDIAF para facer balance dos resultados da actividade empresarial no pasado ano e para asinar a prórroga para o 2015 do convenio de cesión polo que a Unidade se sitúa na sede da UNED A partir do ano en curso o ámbito de actuación de UDIAF-Deza centrarase en dar atención exclusiva aos nenos de 0 a 6 anos, como consecuencia da entrada en vigor do Decreto polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, unha Rede para cuxa creación o centro situado en Lalín foi unha referencia Segundo os resultados correspondentes ao ano 2014, a maior parte das familias atendidas (64%) era residente no Concello de Lalín; un 17,2% en Silleda; 7,5% en Vila de Cruces; 4,9% en Rodeiro; 3,3% na Golada e 2,5% en Dozón As persas interesadas en solicitar este servizo público totalmente gratuíto poden achegarse á súa sede no parque empresarial Lalín 2000, por correo electrónico deza@atenciontemprana.com ou chamando ao teléfono 98679 44 66
A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Deza (UDIAF-Deza) atendeu ao longo do ano 2014 a 122 familias na súa sede, localizada no parque empresarial Lalín 2000. A concelleira de Benestar e Emigración, Mª Paz Pérez Asorey; o vicepresidente da Asociación Galega de Atención Temperá, Jaime Ponte e a coordinadora da UDIAF, Maia García, veñen de reunirse no Concello de Lalín para examinar os resultados da actividade asistencial no 2014 e para asinar a prórroga para 2015 do convenio de cesión polo que a UDIAF se empraza nos locais da UNED.
A Unidade de atención temperá presta asesoramento e información ás familias e apoio ao desenvolvemento do nenos. Ata o de agora o ámbito de actuación comprendía de 0 a 16 anos con prioridade para 0 a 6 pero a partir do ano en curso o ámbito será exclusivamente 0 a 6 anos como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 183/2013 polo que se crea a REDE GALEGA de ATENCIÓN TEMPERÁ.
Unha grande parte do traballo da UDIAF consiste en coordinarse e colaborar cos profesionais e os recursos que atenden aos rapaces dende outros servizos. A tipoloxía dos problemas ou dificultades atendidas abrangue todo o ámbito dos problemas que poidan darse no desenvolvemento infantil: problemas evolutivos, afectivo-emocionais, de conduta, da comunicación e linguaxe, motrices ou cognitivos. En total, no ano 2014 atendéronse 122 familias, realizáronse 2.100 prestacións de apoio personalizado e máis de 250 actuacións de coordinación con outros profesionais e recursos.
A UDIAF do Deza forma parte, xunto coas UDIAF de Bergantiños e do Salnés, dun proxecto dirixido pola Asociación Galega de Atención Temperá e subvencionado integramente pola Consellería de Traballo e Benestar. A súa actividade desde a súa posta en marcha en 2009 ten sido unha das referencias fundamentais para a elaboración do novo Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá e o novo Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación entre as Consellerías de Traballo e Benestar, Educación e Sanidade que foi asinado o pasado 22 de decembro de 2014.
No que se refire ao ámbito do Deza, segundo os resultados do ano 2014 a maior parte das familias atendidas (64%) era residente no Concello de Lalín; un 17,2% en Silleda; 7,5% en Vila de Cruces; 4,9% en Rodeiro; 3,3% na Golada, e 2,5% en Dozón. Nas enquisas anónimas cubertas polas familias o nivel de satisfacción co servizo mantense nun nivel moi elevado.
Satisfacción das familias coa UDIAF O DEZA
Na actualidade a unidade está conformada por un equipo interdisciplinario con participación de 1 psicóloga, 1 psicomotricista, 1 logopeda e 1 administrativo. Trátase dun servizo público e totalmente gratuíto para as familias do Deza. O contacto pode realizar a través da propia sede no parque empresarial Lalín 2000, no correo electrónico deza@atenciontemprana.com ou ben chamando ao teléfono 986 79 44 66.











