A Sociedade Ximnástica clasifica a case todos os seus equipos para o provincial XOGADE de campo a través

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A actuación da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, na competición XOGADE de campo a través, que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, está a ser moi exitosa, estes días déronse a coñecer os equipos clasificados para o Campionato Provincial, a celebrar o próximo 31 de xaneiro en Redondela e practicamente a Ximnástica clasificou un equipo en cada categoría, cun total de 7 equipos, fronte ás 8 categorías a disputar.

Nunca tantos atletas da veterana Sociedade acudirán a un Campionato Provincial, e nesta ocasión estarán un total de 44 atletas, a 6 por equipo, máis dous atletas que se clasificaron de xeito individual.

21 de xaneiro de 2015 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.