A Sociedade Ximnástica acudirá coa pata coxa ao Campionato de Galicia absoluto de atletismo en pista cuberta
O Pazo de Deportes de Riazor de Coruña, abrirá mañá as súas portas para acoller ao atletismo galego, na disputa do Campionato autonómico absoluto baixo teito. A Sociedade Ximnástica acode cun equipo moi minguado, motivado pola disputa da Copa do Rei, en San Sebastián, no mesmo día e na que tamén estará o seu equipo masculino.Cinco das quince medallas que conseguiu a Ximnástica o ano pasado, non estarán en Riazor, por ir á Copa, cando ademais ameazaban con repetir podio. Estea claro que a Asemblea da Federación Galega foi a que fixou o calendario, pero tamén a Federación foi a que sacou o calendario provisional, na que xa coincidían estas competicións.
O atletismo galego non só pérdese a presenza dos atletas pontevedreses que acoden á Copa do Rei, tamén outros atletas galegos de gran nivel, tampouco estarán en Coruña, xa que acoden a San Sebastián, representando os seus Clubs. Aínda así a Ximnástica estará en Coruña con máis de vinte atletas, capitaneado sobre todo por un equipo feminino que vén de conseguir o terceiro posto na pasada Copa de Galicia. Os pertegueiros Clara Gil, Paula Martín, Inés Martínez e unha xovencísima, Emma Lorenzo; loitarán polo podio; Sandra Carballo, sobre todo no salto de lonxitude, tamén pode ser podio; Barca Toba nos 3.000 metros ten opcións de medalla; Rocío Rodríguez é favorita nos 1.500 metros e Andrea País nos 200 metros, pode dar a sorpresa. En canto aos rapaces Alex Solla pode repetir a medalla do ano pasado nos 50 metros valos; David Rocha pódenos dar unha alegría no lanzamento de peso e esperamos que haxa unha sorpresa no salto con pértega, con Carlos Montero e nos 400 metros con Alfonso Pérez e Ángel Vargas. Arriscamos a dar unha previsión de como mínimo 8 medallas, son as que pode conseguir a entidade pontevedresa.
A carreira de San Brais abre o CCCP 2015
O próximo domingo comeza o Circuíto de Carreiras do Concello de Pontevedra, coa celebración da carreira popular de San Blas, que se celebra na devandita parroquia pontevedresa.
A lista de saída da carreira absoluta é incrible, con preto de 500 atletas e un incremento dun 60% con respecto á pasada edición. Ás doce e media celebrarase a carreira de 6 quilómetros, pero antes ás once e media, comezarán as distancias curtas para os máis pequenos, cuxa inscrición se poderá formalizar o mesmo día ata media hora antes da súa carreira e na propia saída.
A Asociación de Veciños Salcedo Norte e o Concello de Pontevedra, a través do IMD; son os organizadores desta carreira, na que colabora tecnicamente a Sociedade Ximnástica de Pontevedra











