A Sociedade Ximnástica acode ao galego de campo a través curto para defender o seu título

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Sen a presión de ter que clasificarse para o Campionato de España, xa que a medalla de prata conseguida pola entidade pontevedresa o ano pasado en Oropesa de Mar, clasificou ao equipo masculino de cross curto, para o próximo nacional da especialidade. O equipo masculino da Ximnástica, defenderá este domingo na localidade lucense de Friol, o título conseguido nese mesmo escenario, fai un ano.Das 13 edicións celebradas deste Campionato, soamente en 3 ocasións se lle escapou o título ao equipo pontevedrés; pero nesta oportunidade os rivais non lle van a poñer nada fácil á Ximnástica o poder repetir a vitoria.

Iván Docampo, Rubén Diz, Víctor García, Antonio Serrat e Robertas Geralavicius; entre outros, serán as principais bazas do combinado masculino. Pero antes da carreira masculina; á unha e media correrán as mozas os 4 quilómetros, onde a Ximnástica non conseguiu nunca o primeiro posto; aínda que nesta ocasión o combinado lerezano reforzouse con atletas como Rocío Rodríguez, Sara Márquez e Barca Toba; ás que acompañará Cristina González, que atravesa un bo momento de forma e que a recado loitarán por un posto de podio. Tamén se disputará o galego das categorías cadete e xuvenil; en cuxas carreiras ver tamén a representantes da Sociedade Gimnástica. Nestas categorías é complicado facer un pronóstico das probabilidades de vitoria para a Ximnástica.

23 de xaneiro de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.