A Sociedade Ximnástica acada o seu primeiro título de Clubs de Probas Combinadas

Atletas da Sociedade Ximnástica
Xa son moitos anos os que leva a Sociedade Ximnástica dominando a especialidade de probas combinadas en Galicia, agora é o momento de atletas como Santi Ferrer Alonso e Sandra Carballo, pero anteriormente, Manuel Martínez, Alberto Gómez, Teresa Sánchez ou Olalla González, entre outros moitos; estaban en postos de podio.
A este dominio súmanselle agora dous títulos máis, o de Campións de Galicia de Clubs, masculino e feminino; trofeos que conseguiron o pasado fin de semana no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo e que viviron aos pés das muralla romana a súa primeira edición.
David Ferrer, Santi Ferrer, Alex Solla, Jon Alonso, Darío Costas, Pablo Tojal e Marco Martínez; no apartado masculino e Sandra Carballo, Alesandra Campo, María Jiménez, Marta Burés; no de rapazas; foron os atletas que representaron á Sociedade Ximnástica.
As tres mellores puntuacións obtidas eran as que puntuaban para o título. En rapaces, Santi Ferrer con 4.805 puntos, Darío Costas con
4.681 e Alex Solla con 4.231; sumaron 6.653 puntos que lle deron o primeiro posto. En pequenas, Sandra Carballo con 3.093, María Jiménez con 1.811 e Alesandra Campo con 1.749; contabilizaron para a Ximnástica 6.653 puntos; suficientes para darlles a vitoria.
Tamén tivo lugar o Campionato Veterano de combinadas, sumando unha medalla Francisco Quintáns na categoría masculina de maiores de 50 anos, con 4.284 puntos no Heptatlon.











