A segunda campaña do programa diúrno de balnearios “Coidarte” adxudicou 860 prazas
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou 860 prazas da segunda campaña do programa diúrno de balnearios “Coidarte” 2014.
Segundo o presidente, había 860 prazas e recibíronse 990 solicitudes, polo que se abrirá unha lista de espera. As saídas serán en febreiro e marzo. Na primeira campaña participaron 1.733 persoas.
“Coidarte” é un programa de termalismo social dirixido a maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou persoas que precisen un respiro familiar. A Deputación subvenciona para este programa 35 € por persoa e os concellos adheridos achegan 10 €
Novidades para o ano 2015
Os beneficiarios acoden dúas horas diarias, durante cinco tardes seguidas, ós balnearios das termas de Cuntis, A Toxa (Hesperia), Mondariz (Palacio da Auga), Oia (Talaso Atlántico), Moaña (Talaso Spa), O Grove (Norat Marina) e Lalín (Torre do Deza).
Para a edición de “Coidarte” do ano 2015 a Deputación destinou 105.000 €, cunha oferta inicial de 2.625 prazas. A Deputación incrementará a súa achega por praza, dos 35 € ós 40 €. Os concellos que se adhiran achegarán 10 €, polo que os usuarios verán reducido o prezo da estadía en 50 €.
5.625 prazas ofertadas
Este programa súmase ó “Saúde e benestar”, aprobado en decembro e que ten os mesmos destinatarios e iguais obxectivos, coa diferenza de que neste caso a estadía no balneario é en pensión completa durante seis días e cinco noites. Entre os dous programas son 5.625 as prazas ofertadas.











